viernes, 29 de marzo de 2013

Conversas e xoguetes no Proxecto Xanela da Muller Rural

Este mes de Abril temos unha cita en Vedra.

Tiven o gusto de ser convidada ao Proxecto Xanela da Muller Rural, para conversar sobre a nosa sexualidade nas relacións de parella. Falaremos dos nosos corpos, do noso sexo, de cómo nos vivimos e compartimos, e compartiremos claves positivas, experiencias... e todo o que xurda cos xoguetes na man, que é como mellor conversa unha.

Grazas ás mulleres da Asociación Berenguela pola Igualdade por pensarme dentro do Proxecto. Convidadísimas estades!

Encontrámonos o 20 de Abril en Vedra!



jueves, 28 de marzo de 2013

Para que me coñezas un pouquiño...



Chámome Mai, son Psicóloga especializada en xénero e sexualidade, con experiencia no traballo con grupos de mulleres. Levo metendo o nariz de nena curiosa nas nosas fortalezas, praceres, risas e rebeldías dende que teño memoria... E sigo! 

Dixéronnos que a curiosidade matou ás gatas... Eu digo que as gatas non voltaron porque se aburrían, e están danzando polos tellados.

Se a túa curiosidade te trae a un tuppersex... Será un pracer compartilo contigo!