___________________________________________________________________________
Se queres facer un tuppersex precisas...
- Un espazo no que nos sintamos a gusto e teñamos certa intimidade.
- Unha anfitrioa, que podes ser ti. A anfitrioa adoita xuntar ao grupo (un mínimo de 6 ou 7 sería xenial), elixir e ambientar o espazo, e ser a aliada e a referencia da tapersera. É unha colaboración importante comigo, así que sempre a agradezo cun agasallo especial.
- Unha tapersera: todas as taperseras de Los Placeres de Lola temos formación en xénero e diversidade sexual. Por iso no noso traballo coa xoguetería erótica respectamos e coidamos a túa saúde, e a túa forma de vivir a sexualidade e o pracer.
- Un grupo: para ulir, saborear, tocar, probar todos os xoguetes da maleta en boa compañía; para conversar, coñecer e compartir máis sobre o noso corpo, as nosas relacións, o noso pracer... Xogos instrutivos e pracenteiros de adulta!
Por se te plantexas algunhas preguntas...
- Estamos obrigadas a comprar? Existe un pedido mínimo?: Nas reunións comigo non tendes obriga de compra, nin pedido mínimo, xa que o interese por explorar a xoguetería erótica e a sexualidade dunha forma máis ampla é a base da que parto cando solicitades un tuppersex. Pero ás veces non podemos ou queremos comprar, ou comprar certa cantidade; por iso a reunión ten un custo de 5€ que garante a vosa liberdade de compra, e o pago polo meu traballo.
- O prezo dos xoguetes é moi elevado? O prezo sempre está en relación á fabricación, material, calidade, deseño... A variedade coa que traballamos en Los Placeres de Lola abre a posibilidade a que encontredes xoguetes cos que vos sintades cómodas, que vos ofrezan as sensacións que desexades e que estean dentro do gasto que queredes realizar. Queres dar unha volta pola tenda online? Só tes que pinchar no banner da dereita.
- Se fago un pedido... Chegará uns días despois, nun paquetiño individual xunto cos pedidos das demais e á dirección que prefirades.
- Se fago un pedido... Chegará uns días despois, nun paquetiño individual xunto cos pedidos das demais e á dirección que prefirades.
- Canto dura o tuppersex? Cales son os formatos posibles? O tempo adoita ser de dúas a tres horas. O formato... O que desexedes!: tuppersex para mulleres (de calquera orientación e prácticas), mixtos, aniversarios, despedidas ou celebracións, complemento de charlas formativas e obradoiros ... Cóntame o que preferides e buscamos a mellor opción.
E se queres máis información... Podes poñerte en contacto comigo a través do:
Mail: mai.sexualidade@gmail.com
Facebook: Mai Tuppersex Los Placeres de Lola
Teléfono: 625 535 705
Mail: mai.sexualidade@gmail.com
Facebook: Mai Tuppersex Los Placeres de Lola
Teléfono: 625 535 705
Que nos encontremos pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Adoro enredarme entre as verbas das mulleres, así que tira da madexa, estás na túa casa!