Mostrando entradas con la etiqueta Los Placeres de Lola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Los Placeres de Lola. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de julio de 2013

Estamos en Rebaixas!!

O pracer nas túas mans aínda máis económico! Un mostrario de xoguetes eróticos con descontos do 20, 30, 40, e ata 50%. Podes entrar no noso Outlet na sección low cost da Tenda Online, e botar un ollo, que seguro hai algo que te chama!


jueves, 6 de junio de 2013

Xoguetes de Xuño: O libro de Los Placeres de Lola

Neste pasado fin de ano xogamos á "amiga inservible"; unha versión da "amiga invisible", pero con cousas propias que pensabamos que outras poderían reutilizar. Unha delas, no momento do meu agasallo, sentou ao meu carón e dixo: "Estiven buscando un rato enorme porque quería regalarte un libro escrito por unha muller; non un especial, só un que escribira unha muller para darcho e dicirche: toma, por todo o que temos falado, aquí está. E non o podo crer, pero non encontrei ningún... Nin un só libro escrito por unha muller en todo o salón!" Ao final o agasallo revertiuse.


Fai un par de semanas tivemos unha presentación aderezada con xoguetes na Lila-Ciranda, e falamos de como estes dous espazos, Los Placeres de Lola e a Libraría Lila, desafían este baleiro nos salóns, nas camas, na cotidianidade... Co seu facer cheo de existencia e creatividade.


E este manual, escrito por Raquel Traba, cofundadora de Los Placeres de Lola e ilustrado por Beatriz Higón, cofundadora de BS is nice!, desafía ademais o ton xeral que permea moito do que podemos ler e ver sobre sexualidade.

Escrito de forma próxima, acolléndote como lectora, fai sinxelo que te sintas identificada dende a túa diversidade, ao tempo que te provoca e te estimula a xogar, cuestionando aquilo que nos contaron acerca do noso pracer e dos nosos corpos a través do autocoñecemento, as pequenas guías prácticas para explorarte, para masturbarte, para ter relacións con outr@s e comunicarte antes, durante e despois, como máis te satisfaga. Aquí a sexualidade lésbica non só non é esquecida, senón que aparece como referente de flexibilidade erótica e como ollada cara nós e o noso pracer ao longo de todo o libro; as visións estereotipadas e con moitas dúbidas sobre o sexo anal, a xoguetería erótica... mudan de perspectiva; o bondage sáese do lugar acostumado para desmontar roles sexuais ríxidos e abrirnos á exploración doutras partes do corpo, doutras estimulacións....

O libro abre posibilidades lonxe de establecer listóns sexuais aos que chegar, partindo de que o que facemos o facemos para desfrutar, e que para desfrutar temos plena lexitimidade. Unha gozada de lectura para a túa mesiña, para compartir con parellas sexuais, con mulleres do teu entorno, sen miramentos de idade e imaxes preconcebidas, e con quen ti queiras.

"O amor non é un acto natural, no sentido de que é unha habilidade que se adquire co perfeccionamento e a práctica." 

"Tes o poder de cambialo todo ao teu favor."


Ilustración de Beatriz Higón

Índice

1. Comunicación. Cosas que nunca te dije.
2. ¡Conócete! Espejito, espejito... ¿cuál es el más bonito?
3. Masturbación. Oh, oh, oh.... Arte digital.
4. Punto G y eyaculación femenina. G de Gran Orgasmo.
5. Sexo oral. Amo tu vulva rica.
6. Sexo anal. Toc, toc, toc... Explorar la puerta de atrás.
7. Lesbianas. Cosas de chicas.
8. Juegos más sofisticados.
9. Directorio de sex toys.
10. Sexo seguro.

Bibliografía.
Videografía.








E seguindo o bo facer de Los Placeres de Lola para equilibrar formación e xoguetería erótica, tivemos un espazo na Lila para falar do libro e facer un percorrido polo seu contido a través dos xoguetes. Foi unha lectura ampliando as posiblidades sensoriais e comunicativas e ademais, en moi boa compañía. Un gustazo! Grazas a todas!

Un luxo de compañía a de Mari Fidalgo
Grazas a Paulina Funes polas fotos!

miércoles, 29 de mayo de 2013

Da presentación na Lila

Na pasada semana o libro dos Placeres de Lola voltou á Lila. Estas son algunhas imaxes da presentación: ler a través dos xoguetes, e en moi boa compañía.


 

martes, 21 de mayo de 2013

O libro de Los Placeres de Lola volta á Lila

Despois de que nos preguntarades tanto a min nos tuppersex, como a Patri na Lila polo Libro de Los Placeres de Lola, exemplares limitados viaxan á libraría Lila-Ciranda antes da re-edición, e queremos celebralo este xoves 23 conversando e xogueteando!


"Los Placeres de Lola" está concebido como un viaje revelador y didáctico por la naturaleza de la sexualidad femenina desde la palabra hasta el éxtasis. Raquel Traba y Beatriz Higón te muestran las claves para que experimentes con todas las partes de tu cuerpo y te animan a que tomes las riendas de tu placer y aprendas a decir lo que te apetece en cada momento sin tapujos. Una obra dirigida a todas aquellas mujeres que crecieron mitificando el amor, idolatrando el orgasmo.
Ha llegado el momento de usar la palabra y subir la temperatura de tu dormitorio, abandonar los tópicos sobre el sexo e innovar.

viernes, 10 de mayo de 2013

Xoguetes de Maio: Naturcup

¿A qué huelen las nubes?


As nubes dan para dicir moitas cousas, moitas delas poéticas. Igual a resposta máis "real" á pregunta sería: a nubes.

E a regra, a que ule? Aquí tamén valen respostas reais: a regra; a sangue.

Aposto a que moitas tivemos algunha conversa co tampón do momento, na intimidade do baño, e non lle dixemos cousas bonitas... Pois é, porque non tratan o noso corpo de forma bonita: provócannos sequidade absorbendo a humidade propia da nosa vaxina; deixan restos de algodón dentro de nós; inclúen compostos tóxicos; e máis... Son desproporcionadamente caros, ao nivel dun artigo de luxo, e teñen un forte impacto medioambiental.

Unha das alternativas: a Naturcup. 

Unha copa menstrual reutilizable fabricada nunha cooperativa de mulleres. Está feita de silicona médica e, como a Mooncup, chegou a Los Placeres de Lola por militancia; polo compromiso co respecto ao noso corpo.

Recolle o fluxo en lugar de absorbelo, non ten perdas, é fácil de usar e adáptase perfectamente no interior da nosa vaxina. Canto dura? Anos! Podes fervela entre períodos para esterilizala, e tela gardada na súa bolsiña ata a próxima. Canto custa? 30€.

Trae instrucións (é moi sinxela!) e podes entrar no banner da dereita para acceder á tenda online, e ler máis en bolas&salud > menstruación > Naturcup sobre as súas características e uso.

Como nota: as copas menstruais apareceron en 1930, como as tampóns, pero o feito de que usalas implique maior contacto co noso sangue e xenitalidade, e menos consumo e beneficio para as grandes industrias, fixo que fosen os tampóns os que adquirisen a fama e os ocos nos supermercados e farmacias. Pero dende hai uns anos están comezando a ocupar o lugar que merecen, e se preguntas ás mulleres do teu entorno é probable que descubras que algunha a usa. Pregunta, pregunta....

domingo, 14 de abril de 2013

Xornada de Formación en Los Placeres de Lola

Foto con parte do equipo!

É un luxo traballar entre compañeiras que ao tempo que te fan medrar como profesional, fan das estancias en Madrid experiencias persoais para o recordo. Este mesmo trato profesional e persoal que nos repartimos é o lugar dende o que nos posicionamos para traballar e compartir experiencias con todas vós. 

E que levedes postos sorrisos coma estes!