Participa como boa lingua!

A convocatoria de fotografías corpo-frase para o proxecto"Masturbación e boas linguas" desenvolveuse durante un mes e medio, entre Agosto e Setembro do 2013. Todas as persoas que participaron fixeron posible este traballo, e crearon novas imaxes e discursos para o noso imaxinario e a nosa propia sexualidade, así como para o proceso posterior de proxeccións e encontros sobre a autoerótica. Moitísimas grazas. Fixestes desta unha experiencia fermosa!

Ademais, polas características do proceso e deste proxecto aberto e colectivo, as vosas propias fotografías e o resto do meu traballo coa sexualidade seguen a xerar novas conversas, encontros, imaxes... sobre o autoerotismo. É unha experiencia que se sementa a si propia, igual que a nosa relación con nós mesm@s.

Por iso decidín manter aberta a posibilidade de que sigades enviando fotografías, para que sigan a enriquecer a propia experiencia e o imaxinario colectivo, e para continuar xerando encontros posteriores. As bases son as mesmas e as fotografías formarán parte do blogue, das proxeccións e traballo posterior.

- Podedes enviar unha ou varias fotografías. Os dous elementos que enchen de significado o proxecto son os vosos propios corpos vinculados ás frases que escribades. Como a masturbación é unha relación persoal, busco que sexan ambos elementos os que conformen a imaxe, en lugar dunha fotografía onde apareza só o corpo, ou só a imaxe. Podedes entón soster un cartaz, escribir a frase na pel, na roupa, nun lugar no que tamén vós sexades visibles, editar unha fotografía na que apareza o voso corpo e incluir a frase escollida... E calquera outra forma que imaxinedes.
A frase pode ser a que elixades para expresar a vosa relación coa masturbación, os sentimentos e ideas que tendes sobre ela, ou o que vos gustaría dicir como boas linguas dende a perspectiva positiva da sexualidade. Podedes creala, empregar unha cita...
A convocatoria é aberta para calquera persoa maior de idade, e de calquera xénero, orientación, nacionalidade...
- Para facerme chegar as fotografías podedes envialas en formato jpg e cunha resolución mínima de 150pp ao mail mai.sexualidade@gmail.com, acompañándoas do voso nome (o propio ou o escollido para a ocasión), idade, e lugar no que foron sacadas (nome da vila, cidade...).

Que desfrutedes do proceso, e grazas por compartir praceres!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Adoro enredarme entre as verbas das mulleres, así que tira da madexa, estás na túa casa!