Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de junio de 2013

Xoguetes de Xuño: O libro de Los Placeres de Lola

Neste pasado fin de ano xogamos á "amiga inservible"; unha versión da "amiga invisible", pero con cousas propias que pensabamos que outras poderían reutilizar. Unha delas, no momento do meu agasallo, sentou ao meu carón e dixo: "Estiven buscando un rato enorme porque quería regalarte un libro escrito por unha muller; non un especial, só un que escribira unha muller para darcho e dicirche: toma, por todo o que temos falado, aquí está. E non o podo crer, pero non encontrei ningún... Nin un só libro escrito por unha muller en todo o salón!" Ao final o agasallo revertiuse.


Fai un par de semanas tivemos unha presentación aderezada con xoguetes na Lila-Ciranda, e falamos de como estes dous espazos, Los Placeres de Lola e a Libraría Lila, desafían este baleiro nos salóns, nas camas, na cotidianidade... Co seu facer cheo de existencia e creatividade.


E este manual, escrito por Raquel Traba, cofundadora de Los Placeres de Lola e ilustrado por Beatriz Higón, cofundadora de BS is nice!, desafía ademais o ton xeral que permea moito do que podemos ler e ver sobre sexualidade.

Escrito de forma próxima, acolléndote como lectora, fai sinxelo que te sintas identificada dende a túa diversidade, ao tempo que te provoca e te estimula a xogar, cuestionando aquilo que nos contaron acerca do noso pracer e dos nosos corpos a través do autocoñecemento, as pequenas guías prácticas para explorarte, para masturbarte, para ter relacións con outr@s e comunicarte antes, durante e despois, como máis te satisfaga. Aquí a sexualidade lésbica non só non é esquecida, senón que aparece como referente de flexibilidade erótica e como ollada cara nós e o noso pracer ao longo de todo o libro; as visións estereotipadas e con moitas dúbidas sobre o sexo anal, a xoguetería erótica... mudan de perspectiva; o bondage sáese do lugar acostumado para desmontar roles sexuais ríxidos e abrirnos á exploración doutras partes do corpo, doutras estimulacións....

O libro abre posibilidades lonxe de establecer listóns sexuais aos que chegar, partindo de que o que facemos o facemos para desfrutar, e que para desfrutar temos plena lexitimidade. Unha gozada de lectura para a túa mesiña, para compartir con parellas sexuais, con mulleres do teu entorno, sen miramentos de idade e imaxes preconcebidas, e con quen ti queiras.

"O amor non é un acto natural, no sentido de que é unha habilidade que se adquire co perfeccionamento e a práctica." 

"Tes o poder de cambialo todo ao teu favor."


Ilustración de Beatriz Higón

Índice

1. Comunicación. Cosas que nunca te dije.
2. ¡Conócete! Espejito, espejito... ¿cuál es el más bonito?
3. Masturbación. Oh, oh, oh.... Arte digital.
4. Punto G y eyaculación femenina. G de Gran Orgasmo.
5. Sexo oral. Amo tu vulva rica.
6. Sexo anal. Toc, toc, toc... Explorar la puerta de atrás.
7. Lesbianas. Cosas de chicas.
8. Juegos más sofisticados.
9. Directorio de sex toys.
10. Sexo seguro.

Bibliografía.
Videografía.








E seguindo o bo facer de Los Placeres de Lola para equilibrar formación e xoguetería erótica, tivemos un espazo na Lila para falar do libro e facer un percorrido polo seu contido a través dos xoguetes. Foi unha lectura ampliando as posiblidades sensoriais e comunicativas e ademais, en moi boa compañía. Un gustazo! Grazas a todas!

Un luxo de compañía a de Mari Fidalgo
Grazas a Paulina Funes polas fotos!

miércoles, 29 de mayo de 2013

Da presentación na Lila

Na pasada semana o libro dos Placeres de Lola voltou á Lila. Estas son algunhas imaxes da presentación: ler a través dos xoguetes, e en moi boa compañía.


 

martes, 21 de mayo de 2013

O libro de Los Placeres de Lola volta á Lila

Despois de que nos preguntarades tanto a min nos tuppersex, como a Patri na Lila polo Libro de Los Placeres de Lola, exemplares limitados viaxan á libraría Lila-Ciranda antes da re-edición, e queremos celebralo este xoves 23 conversando e xogueteando!


"Los Placeres de Lola" está concebido como un viaje revelador y didáctico por la naturaleza de la sexualidad femenina desde la palabra hasta el éxtasis. Raquel Traba y Beatriz Higón te muestran las claves para que experimentes con todas las partes de tu cuerpo y te animan a que tomes las riendas de tu placer y aprendas a decir lo que te apetece en cada momento sin tapujos. Una obra dirigida a todas aquellas mujeres que crecieron mitificando el amor, idolatrando el orgasmo.
Ha llegado el momento de usar la palabra y subir la temperatura de tu dormitorio, abandonar los tópicos sobre el sexo e innovar.