Foto de Rute André |
Chámome Mai, son Psicóloga especializada en sexualidade, xénero e diversidade sexual, actualmente formándome en Terapia Sexual e de Parella. Levo anos traballando con grupos de mulleres en diferentes eidos e, dende que teño memoria, empapándome das nosas desobediencias, praceres, e rebeldías.
Dende hai máis dun ano colaboro con Los Placeres de Lola, que dende a súa apertura no 2005 ata hoxe converteuse en referente como tenda erótica para mulleres, traballando a partes iguais a formación en sexualidade e a posta á nosa disposición da mellor calidade en xoguetería erótica, baixo unha perspectiva Sex Positive, con mulleres de todas as idades, prácticas, orientacións, e formas de ser mulleres.
Entendo a xoguetería erótica como un medio de pracer, e como o punto de partida perfecto para experimentar, xogar, divertirnos, e coñecernos máis xunto ás outras en espazos onde nos sintamos cómodas.
E do que pasa cando nos enchemos de curiosidade e complicidade... Diso mellor falamos en persoa, verdade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Adoro enredarme entre as verbas das mulleres, así que tira da madexa, estás na túa casa!