sábado, 7 de diciembre de 2013

Xornadas "Feminismo é Saúde"


Unha vez máis tiven o pracer de ser convidada a unhas xornadas de mulleres potentes, onde falar desas cousas que se estiran coma raíces para facernos medrar. Estiven moi ben arroupada, tanto na mesa, onde tiven o gusto de estar xunto a Lola Ferreiro, como por todas as que estabades enchendo a sala da Normal, e sentín que levaba moitos pedaciños de min e de vós mentres falaba de Masturbación e Boas Linguas, coas vosas fotografías danzando polo espazo.

A través das miñas vivencias persoais e profesionais fun recollendo moitas pezas, e achegándome cara onde sinto que encaixan. Masturbación é Boas Linguas é, sen dúbida, un destes lugares.

Betty Dodson, unha das gurús da masturbación dos nosos tempos á cal eu levo comigo a cada encontro co autoerotismo, comeza "Sexo Para Unha" cunha dedicatoria: "Dedícome este libro, porque sen o amor que sinto por min mesma nunca o tería escrito"

A relación de amor e de pracer con nós mesmas ten para min moito que ver con isto: é como un centro a través do que podemos medrar e expandirnos, para ir cara onde queiramos no sexo e en todo o que desexemos. Un eixo así é imprescindible para transformar a base da que partimos respecto do noso benestar, da nosa sexualidade, e da posición que aprendimos que ocupamos no mundo; para manternos en íntima relación de amor e pracer con nós mesmas, situando nun lugar próximo, íntimo e cálido o noso corpo, as nosas fantasías, os nosos desexos, o noso pracer, os nosos límites, os coidados que nos damos e os que sentimos que merecemos que nos dean @s demais... Para sentirnos lexítimas de toda a potencialidade que temos, de desenvolvela e desfrutala.

Para isto saco das xornadas unhas poucas ideas (xunto a todas as que se te ocorreron xa, e moitas outras novas): manter os encontros eróticos con nós mesmas como citas importantes (ou é que temos algunha razón para coidarnos ou desfrutarnos menos?); facer de Betty Dodson unha boa amiga; conversar con Lola Ferreiro sobre a saúde das mulleres (e sobre calquera outro tema); buscar e xerar materiar erótico no que nos sintamos representadas; xuntarnos con outras para ter un espazo común e falar e falar e falar, e desenvolver proxectos que nos potencien colectiva e individualmente.... E moitas máis!

Grazas a Acción Rabuda e á Universidade da Coruña por crear e apoiar estes espazos, e a Pablo Maribolherx polas imaxes. Seguiremos encontrándonos para espallar saúde e praceres!

martes, 8 de octubre de 2013

O autoerotismo ten cita na Lila-Ciranda!

Xa temos a cita para "Masturbación e boas linguas"! Será este Venres 11 de Outubro na Libraría Lila-Ciranda, ás 18:30h. A entrada é aberta e estades tod@s convidad@s.

Falaremos do proceso da convocatoria, do autoerotismo, do noso imaxinario... Proxectaremos as fotografías e sobre todo conversaremos nun espazo acolledor e íntimo como é esta Libraría de referencia.

Vémonos o venres!

Cartaz de Paulina Funes


lunes, 7 de octubre de 2013

Taperseando ata a madrugada!

Xeniais! Colleunos a madrugada do a gusto que estabamos. Un grupo divertido dende o primeiro ao último momento, e cunha anfitrioa de luxo. Moitas grazas a todas!


sábado, 28 de septiembre de 2013

28 de Setembro, ou moitas décadas

Fai unhas semanas encontrei na casa dunha compañeira o libro de "Mafalda inédita". Pedinllo como tesouro para antes de durmir, e descubrín tiras que Quino non publicara, e comentarios que facía sobre elas. A maioría do material era das décadas dos 60 e 70, e tiven a sensación de que a Terra coa que Mafalda ten tantas conversas deixara outra vez de xirar, e estabamos paradas no tempo.

Ese mesmo día, na mesma casa, descubrín unha revista do 2001 perfectamente conservada. Cambiaba un
pouco o estilo de impresión, e a xente famosa que segue a ser famosa aparecía máis xoven, pero o contido era o mesmo que o de calquera revista semanal actual. Na penúltima páxina, un artigo de Shere Hite, co título "Intimidad sin sexualidad entre mujeres"* Outro tesouro.

Shere Hite. Galería.
Cando o lin imaxinei o controvertido que tivo que ser todo este texto fai 12 anos (ao estilo de Shere Hite, por iso lle teño este cariño). Logo resitueime máis dunha década, e caín en que hoxe segue a ser controvertido, d o c e  a n o s  despois.

Gostaría de falar con Mafalda para que me conte que tal está hoxe que é 28 de Setembro, do 2013, e como ve isto de que siga a lexislarse sobre o noso corpo, sobre como o habitamos e que facemos con el; isto de que queiran facernos retroceder décadas, ata séculos; que tal lle foi a vida, como foi vivindo ela o de ser muller(es); como se vincula con outras; que me conta do amor, da amizade, do pracer... Como foi inventándose as relacións e a vida, e que revolucións anda facendo; que plans ten para que non sigan a facer falla revolucións doce anos despois. 

Estou segura de que reiríamos moito moito, e ata choraríamos, e mollaríamos doces ricos no café.

Intimidad sin sexualidad entre mujeres. Shere Hite.
Si durante los últimos 25 años las mujeres se han transformado a sí mismas y han modificado sus relaciones con los hombres, un aspecto menos conocido es en qué medida han afectado esas alteraciones a las relaciones con otras mujeres. Según mis investigaciones, los cambios introducidos por las mujeres en sus vidas están transformando de manera muy clara sus relaciones con el mismo sexo. 
Según las estadísticas, hoy día muchas mujeres viven solas (igual que muchos hombres); de hecho, la mitad de la población en la mayoría de los países occidentales vive sola. Las mujeres, muchas veces, poseen una amiga íntima con la que sí tienen una buena relación. Las mujeres podrían obtener mucho más placer físico y más intimidad con sus amigas, con otras mujeres, de lo que lo hacen. Por ejemplo, ¡por qué no pueden unas amigas estar echadas juntas en el sofá, abrazadas mientras ven la televisión? ¿O dormir juntas? Si alguien las viera, su reacción podría ser pensar que mantienen una relación sexual. Pero pensar eso es plantear la situación en términos de disyuntiva, una dicotomía que no es necesaria. 
En nuestra sociedad se nos dice que sólo podemos tener una intimidad física intensa con una pareja sexual. Ahora bien, si hoy, en Europa, la mitad de la población vive sola, ese sistema no puede seguir aplicándose. Diversos estudios han demostrado que los recién nacidos a los que no se abraza pueden morir. Sin embargo, cuando somos adultos sólo se nos permite abrazar con todo el cuerpo, de la cabeza a los pies (durante algo más que unos cuantos minutos), a una pareja sexual. ¿Por qué? ¿Por qué no podemos abrazar estrechamente el cuerpo de una amiga durante media hora, o acostarnos juntas? (este contacto de todo el cuerpo, tan importante, necesita un nombre...) Ello no querría decir que se tratase de una relación lesbiana (no incluiría la intimidad erótica ni el orgasmo), aunque una intimidad física seria y prolongada sí lo sería. 
Yo propongo una nueva institución social, una nueva categoría social o un tercer tipo de relación entre mujeres. En ella, las mujeres podrán tener una nueva forma de relación física y no considerarla una cosa secundaria ("mientras espero a encontrar a un hombre, casarme y echar raíces", o alguien a quien llamar y con quien hablar cuando su marido no está, "hasta que llegue a casa"), sino un elemento fundamental en sus vidas, una compañía primordial (y no oculta, sino motivo de orgullo, y si quisieran, podrían seguir teniendo relaciones con hombres). Quizá piensen en comprar una casa juntas, construir un hogar y una familia. Al fin y al cabo, ¿por qué dos mujeres no pueden, como amigas, comprar una casa y tener un proyecto de vida en común? 
Esta nueva institución cambiaría la perspectiva psicológica femenina. Las mujeres no tienen por qué ser automáticamente rivales y enemigas. Los fundamentos psicológicos de la rivalidad son programados. Por ejemplo, cuando una mujer entra en una habitación (como en una reunión de trabajo o una fiesta), otra que la vea entrar puede pensar, de forma automática: "¿Es más guapa que yo? ¿Más joven?" 
¿Qué pasaría si una mujer pensara, por el contrario: aquí viene una mujer? ¿Aportará algo bueno a mi vida? ¿Cómo querría relacionarme con ella?". Si es guapa, la mujer podría intentar pensar: "Es muy atractiva. Me agradaría que fuese mi amiga o compañera, me gustaría tocarle el pelo o cogerla de la mano" (en vez de imaginar: "Le ha dedicado mucho rato a su aspecto para resultar atractiva a los hombres que están en la sala"). ¿Por qué no puede imaginar una mujer, al ver a otra que entra en una habitación con un grupo de gente, que la recién llegada está ofreciéndole su belleza, su encanto y su viveza a ella (y no sólo a los hombres)? 
Muchas mujeres carecen de la autoestima necesaria para pensar que otra esté dispuesta a actuar así. "De todas formas, ¿no sería una relación lesbiana?"... Una vez más, el miedo al rechazo que sienten inconscientemente muchas mujeres está unido a aspectos corporales, se remonta a los tabúes que han aprendido de niñas con sus madres. Aunque muchas mujeres mantienen una amistad excelente, no logran verse mutuamente como posibles compañeras de vida. No se preguntan: "¿Podría construir mi vida con ella? ¿Querría comprarme una casa con ella? ¿Sería una buena socia en el trabajo?". Tampoco se imaginan celebrando aniversarios de su unión ni presumiendo ante los demás de su fructífera relación. 
Podría haber muchas relaciones con formas satisfactorias de intimidad física que no consisten en sexo, pero nosotras mismas nos impedimos verlas. Esta nueva institución social para las mujeres -ni lesbianismo ni simple amistad, sino un tercer tipo de relación- es un paso lógico hacia adelante para las mujeres de hoy.


*A sexualidade é algo que forma parte de nós, e fai referencia ao conxunto das nosas características como seres sexuados, polo que é algo que sempre temos, e que non podemos non ter. No artigo Shere Hite refírese á parte da sexualidade que adoitamos identificar como "erótica" ou "sexual" (aínda que tamén apunta que ambas poden ser máis amplas do que habitualmente consideramos).

lunes, 16 de septiembre de 2013

Xoguetes n'As Marías & xogos con ritmo Electrolatino!

Sábado completo dos que desfruto intensamente: Tuppersex no Bar As Marías, en boa compañía de todas as mulleres diversas que asistiron, moitísimas grazas a todas! E ao rematar, despois dunha chamada sorpresa, un segundo Tuppersex con este grupo de mulleres divertidísimas, curiosas, acolledoras, participativas... Tuppersex ElectroLatino!

Un gusto, e moitísima sorte María na túa nova aventura :)


domingo, 1 de septiembre de 2013

Tuppersex en As Marías Bar!

Estivemos debuxando na famosa pizarra de As Marías para que saibades deste Tuppersex de verán, con espazo reservado, o noso Outlet en súper rebaixas, un trato de luxo e terraciña onde continuar a noite. Quen da máis?

Este sábado 14 de Setembro, convidadísim@s estades!




martes, 9 de julio de 2013

Estamos en Rebaixas!!

O pracer nas túas mans aínda máis económico! Un mostrario de xoguetes eróticos con descontos do 20, 30, 40, e ata 50%. Podes entrar no noso Outlet na sección low cost da Tenda Online, e botar un ollo, que seguro hai algo que te chama!


jueves, 6 de junio de 2013

Xoguetes de Xuño: O libro de Los Placeres de Lola

Neste pasado fin de ano xogamos á "amiga inservible"; unha versión da "amiga invisible", pero con cousas propias que pensabamos que outras poderían reutilizar. Unha delas, no momento do meu agasallo, sentou ao meu carón e dixo: "Estiven buscando un rato enorme porque quería regalarte un libro escrito por unha muller; non un especial, só un que escribira unha muller para darcho e dicirche: toma, por todo o que temos falado, aquí está. E non o podo crer, pero non encontrei ningún... Nin un só libro escrito por unha muller en todo o salón!" Ao final o agasallo revertiuse.


Fai un par de semanas tivemos unha presentación aderezada con xoguetes na Lila-Ciranda, e falamos de como estes dous espazos, Los Placeres de Lola e a Libraría Lila, desafían este baleiro nos salóns, nas camas, na cotidianidade... Co seu facer cheo de existencia e creatividade.


E este manual, escrito por Raquel Traba, cofundadora de Los Placeres de Lola e ilustrado por Beatriz Higón, cofundadora de BS is nice!, desafía ademais o ton xeral que permea moito do que podemos ler e ver sobre sexualidade.

Escrito de forma próxima, acolléndote como lectora, fai sinxelo que te sintas identificada dende a túa diversidade, ao tempo que te provoca e te estimula a xogar, cuestionando aquilo que nos contaron acerca do noso pracer e dos nosos corpos a través do autocoñecemento, as pequenas guías prácticas para explorarte, para masturbarte, para ter relacións con outr@s e comunicarte antes, durante e despois, como máis te satisfaga. Aquí a sexualidade lésbica non só non é esquecida, senón que aparece como referente de flexibilidade erótica e como ollada cara nós e o noso pracer ao longo de todo o libro; as visións estereotipadas e con moitas dúbidas sobre o sexo anal, a xoguetería erótica... mudan de perspectiva; o bondage sáese do lugar acostumado para desmontar roles sexuais ríxidos e abrirnos á exploración doutras partes do corpo, doutras estimulacións....

O libro abre posibilidades lonxe de establecer listóns sexuais aos que chegar, partindo de que o que facemos o facemos para desfrutar, e que para desfrutar temos plena lexitimidade. Unha gozada de lectura para a túa mesiña, para compartir con parellas sexuais, con mulleres do teu entorno, sen miramentos de idade e imaxes preconcebidas, e con quen ti queiras.

"O amor non é un acto natural, no sentido de que é unha habilidade que se adquire co perfeccionamento e a práctica." 

"Tes o poder de cambialo todo ao teu favor."


Ilustración de Beatriz Higón

Índice

1. Comunicación. Cosas que nunca te dije.
2. ¡Conócete! Espejito, espejito... ¿cuál es el más bonito?
3. Masturbación. Oh, oh, oh.... Arte digital.
4. Punto G y eyaculación femenina. G de Gran Orgasmo.
5. Sexo oral. Amo tu vulva rica.
6. Sexo anal. Toc, toc, toc... Explorar la puerta de atrás.
7. Lesbianas. Cosas de chicas.
8. Juegos más sofisticados.
9. Directorio de sex toys.
10. Sexo seguro.

Bibliografía.
Videografía.








E seguindo o bo facer de Los Placeres de Lola para equilibrar formación e xoguetería erótica, tivemos un espazo na Lila para falar do libro e facer un percorrido polo seu contido a través dos xoguetes. Foi unha lectura ampliando as posiblidades sensoriais e comunicativas e ademais, en moi boa compañía. Un gustazo! Grazas a todas!

Un luxo de compañía a de Mari Fidalgo
Grazas a Paulina Funes polas fotos!

sábado, 1 de junio de 2013

Despedida en Ordes

Fotiño recén sacada, posando como Aventureiras do Punto G. Un grupo majísimo! Grazas a todas, á súper anfitriona Diana, e a Fani moita moita sorte na súa aventura próxima!


viernes, 31 de mayo de 2013

Entrevista en Sermos Galiza

Con esta profesionalidade e bo facer, da gusto que a entrevisten a unha! E como algunhas preguntastes como podedes facer máis grande a imaxe, déixovos unha notiña para lela con gusto: co cursor sobre a imaxe, pinchade co botón dereito e seleccionade "abrir noutra pestana". Sobre a imaxe na pestana nova veredes que o cursor se transforma nunha lupa. Só teredes que pinchar co botón esquerdo para aumentala, e desprazarvos coas barras dos laterais para ler a entrevista completa. Que a desfrutedes!


miércoles, 29 de mayo de 2013

Da presentación na Lila

Na pasada semana o libro dos Placeres de Lola voltou á Lila. Estas son algunhas imaxes da presentación: ler a través dos xoguetes, e en moi boa compañía.


 

martes, 21 de mayo de 2013

O libro de Los Placeres de Lola volta á Lila

Despois de que nos preguntarades tanto a min nos tuppersex, como a Patri na Lila polo Libro de Los Placeres de Lola, exemplares limitados viaxan á libraría Lila-Ciranda antes da re-edición, e queremos celebralo este xoves 23 conversando e xogueteando!


"Los Placeres de Lola" está concebido como un viaje revelador y didáctico por la naturaleza de la sexualidad femenina desde la palabra hasta el éxtasis. Raquel Traba y Beatriz Higón te muestran las claves para que experimentes con todas las partes de tu cuerpo y te animan a que tomes las riendas de tu placer y aprendas a decir lo que te apetece en cada momento sin tapujos. Una obra dirigida a todas aquellas mujeres que crecieron mitificando el amor, idolatrando el orgasmo.
Ha llegado el momento de usar la palabra y subir la temperatura de tu dormitorio, abandonar los tópicos sobre el sexo e innovar.

viernes, 10 de mayo de 2013

Xoguetes de Maio: Naturcup

¿A qué huelen las nubes?


As nubes dan para dicir moitas cousas, moitas delas poéticas. Igual a resposta máis "real" á pregunta sería: a nubes.

E a regra, a que ule? Aquí tamén valen respostas reais: a regra; a sangue.

Aposto a que moitas tivemos algunha conversa co tampón do momento, na intimidade do baño, e non lle dixemos cousas bonitas... Pois é, porque non tratan o noso corpo de forma bonita: provócannos sequidade absorbendo a humidade propia da nosa vaxina; deixan restos de algodón dentro de nós; inclúen compostos tóxicos; e máis... Son desproporcionadamente caros, ao nivel dun artigo de luxo, e teñen un forte impacto medioambiental.

Unha das alternativas: a Naturcup. 

Unha copa menstrual reutilizable fabricada nunha cooperativa de mulleres. Está feita de silicona médica e, como a Mooncup, chegou a Los Placeres de Lola por militancia; polo compromiso co respecto ao noso corpo.

Recolle o fluxo en lugar de absorbelo, non ten perdas, é fácil de usar e adáptase perfectamente no interior da nosa vaxina. Canto dura? Anos! Podes fervela entre períodos para esterilizala, e tela gardada na súa bolsiña ata a próxima. Canto custa? 30€.

Trae instrucións (é moi sinxela!) e podes entrar no banner da dereita para acceder á tenda online, e ler máis en bolas&salud > menstruación > Naturcup sobre as súas características e uso.

Como nota: as copas menstruais apareceron en 1930, como as tampóns, pero o feito de que usalas implique maior contacto co noso sangue e xenitalidade, e menos consumo e beneficio para as grandes industrias, fixo que fosen os tampóns os que adquirisen a fama e os ocos nos supermercados e farmacias. Pero dende hai uns anos están comezando a ocupar o lugar que merecen, e se preguntas ás mulleres do teu entorno é probable que descubras que algunha a usa. Pregunta, pregunta....

miércoles, 1 de mayo de 2013

Da cita coas mulleres da Asociación Berenguela

Faláranme de que en Vedra había mulleres con moita enerxía para facer charlas, obradoiros... do que lles propuxeras. Comprobado! Mulleres participativas e abertas a falar, explorar e a contar e experimentar dende elas mesmas. Un grupo interxeracional no que falamos da sexualidade das mulleres antes e agora; do que nos agocharon e do que fomos investigando pola nosa conta; do noso corpo como un todo eróxeno; de diferentes etapas sexuais; de xoguetes cos que podemos xoguetear... Unha hora e media chegounos a pouco! Así que haberá un segundo encontro para explorar de forma máis rebelde, durante máis tempo, e con máis xoguetes en forma de tuppersex. Será un pracer!


Grazas Chío pola imaxe! 

domingo, 14 de abril de 2013

Xornada de Formación en Los Placeres de Lola

Foto con parte do equipo!

É un luxo traballar entre compañeiras que ao tempo que te fan medrar como profesional, fan das estancias en Madrid experiencias persoais para o recordo. Este mesmo trato profesional e persoal que nos repartimos é o lugar dende o que nos posicionamos para traballar e compartir experiencias con todas vós. 

E que levedes postos sorrisos coma estes!


viernes, 29 de marzo de 2013

Conversas e xoguetes no Proxecto Xanela da Muller Rural

Este mes de Abril temos unha cita en Vedra.

Tiven o gusto de ser convidada ao Proxecto Xanela da Muller Rural, para conversar sobre a nosa sexualidade nas relacións de parella. Falaremos dos nosos corpos, do noso sexo, de cómo nos vivimos e compartimos, e compartiremos claves positivas, experiencias... e todo o que xurda cos xoguetes na man, que é como mellor conversa unha.

Grazas ás mulleres da Asociación Berenguela pola Igualdade por pensarme dentro do Proxecto. Convidadísimas estades!

Encontrámonos o 20 de Abril en Vedra!



jueves, 28 de marzo de 2013

Para que me coñezas un pouquiño...



Chámome Mai, son Psicóloga especializada en xénero e sexualidade, con experiencia no traballo con grupos de mulleres. Levo metendo o nariz de nena curiosa nas nosas fortalezas, praceres, risas e rebeldías dende que teño memoria... E sigo! 

Dixéronnos que a curiosidade matou ás gatas... Eu digo que as gatas non voltaron porque se aburrían, e están danzando polos tellados.

Se a túa curiosidade te trae a un tuppersex... Será un pracer compartilo contigo!