A través das miñas vivencias persoais e profesionais fun recollendo moitas pezas, e achegándome cara onde sinto que encaixan. Masturbación é Boas Linguas é, sen dúbida, un destes lugares.
Betty Dodson, unha das gurús da masturbación dos nosos tempos á cal eu levo comigo a cada encontro co autoerotismo, comeza "Sexo Para Unha" cunha dedicatoria: "Dedícome este libro, porque sen o amor que sinto por min mesma nunca o tería escrito"
Para isto saco das xornadas unhas poucas ideas (xunto a todas as que se te ocorreron xa, e moitas outras novas): manter os encontros eróticos con nós mesmas como citas importantes (ou é que temos algunha razón para coidarnos ou desfrutarnos menos?); facer de Betty Dodson unha boa amiga; conversar con Lola Ferreiro sobre a saúde das mulleres (e sobre calquera outro tema); buscar e xerar materiar erótico no que nos sintamos representadas; xuntarnos con outras para ter un espazo común e falar e falar e falar, e desenvolver proxectos que nos potencien colectiva e individualmente.... E moitas máis!
Grazas a Acción Rabuda e á Universidade da Coruña por crear e apoiar estes espazos, e a Pablo Maribolherx polas imaxes. Seguiremos encontrándonos para espallar saúde e praceres!